Wednesday 08 de May de 2024

Desenvolvida unha campaña contra a violencia sexual en Riveira


Nos pasados días e coincidindo coa festa da Dorna, a explanada situada diante da UAD foi escenario dunha campaña contra a violencia sexual: “AgresiónOFF”, promovida pola Xunta a través da Secretaría Xeral de Igualdade coa colaboración da Consellería de Cultura.

Trátase dunha campaña pensada para celebracións multitudinarias como festivais, etc. que inclúe a presenza de tótems, un decálogo contra a violencia sexual e camisetas co lema da iniciativa.

Colaborando estiveron Servizos Sociais do Concello e sinaladamente a súa concelleira, Esther Patiño.